Luns 08 de Marzo de 2021

O Concello convoca para o mércores, 23, no Auditorio, a proba práctica dos 165 aspirantes a traballadores sociais interinos


O Concello de Ourense realizará o vindeiro mércores, 23 de decembro, na sala principal do Auditorio Municipal, a proba práctica do proceso de selección de persoas interesadas en ser incluídas na listaxe de traballadores sociais interinos que elabora o Concello de Ourense. As 165 persoas que presentaron a este proceso selectivo deberán presentarse na sala principal do Auditorio ese día ás horas que se concreta na acta da sesión celebrada o día 16 de decembro polo tribunal calificador, que se pode consultar no taboleiro de anuncios da páxina web do Concello www.ourense.gal

As probas realizaranse seguindo o protocolo de actuación elaborado polo Concello e aprobado pola Consellería de Sanidade de “medidas de protección fronte ao contaxio da COVID-19 no proceso selectivo para unha listaxe de contratación de traballadores sociais”, coa fin de preservar a seguridade dos participantes.

Deja una respuesta