Mércores 26 de Xuño de 2019

A Xunta destina 3,5 millóns de euros ás axudas para a promoción do viño en mercados de terceiros países no período 2015-2016


 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a correspondente convocatoria, cun prazo de presentación de solicitudes dun mes 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países (fóra da UE) e se convocan para o ano 2015. A dotación destas axudas é dun total de 3.598.937 euros para o período 2015-2016, a razón de 1.848.937 euros para o ano 2015 e 1.750.000 euros para o 2016.

Poden acollerse a estas subvencións as empresas vinícolas, as organizacións de produtores (e as súas agrupacións), os órganos de xestión das denominacións de orixe protexidas e das indicacións xeográficas protexidas de viño e as asociacións de exportadores e consorcios de exportación participados exclusivamente por empresas deste sector.

Tamén se poderán beneficiar destas achegas as entidades asociativas sen ánimo de lucro participadas exclusivamente por empresas do sector vitivinícola que teñan entre os seus fins a promoción exterior dos viños, as cooperativas de segundo ou ulterior grao que comercializan viños elaborados polas súas adegas cooperativas asociadas e os organismos públicos con competencia legalmente establecida para desenvolver actuacións de promoción de viños españois en mercados de terceiros países. O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria será dun mes contado a partir de hoxe.

Deja un comentario