O panel desta semana inclúe tres obras de teatro para público adulto e para nenos e nenas.
O Auditorio Municipal programa para esta semana tres espectáculos de teatro, tanto para público adulto como para público infantil. Cumpre lembrar que esta semana se recupera a obra Rosalía que non se puidera celebrar o 29 de novembro. As persoas que dispuñan de entradas naquela data de entradas poderán facer uso delas e amais, debido a que se aumentou a capacidade para este tipo de espectáculos, haberá novas entradas a venta
Xoves, 17 de decembro ás 20.30 horas
SE FOSEN TURISTAS LEVARÍAN GAFAS DE SOL. LIMIAR TEATRO.
Limiar Teatro convidanos a reflexionar sobre a memoria da emigración coa obra “Se fosen turistas levarían gafas de sol”.
Venres, 18 de decembro, as 18.00h
ROSALÍA. Culturactiva
Na Sala Principal do Auditorio Municipal, actúa a compañía Culturaactiva representando «Rosalía». A obra teatral está dirixida a público infantil e está inspirada na infancia da escritora galega. O prezo da entrada é de 3 €.
Domingo, 30 de decembro ás 12.00 horas
CACHOPO MÁXICO. LILA TEATRO.
“O Cachopo Máxico” é unha alegre interpretación do Nadal dende a perspectiva das costumes galegos máis antigas. Obra teatral dirixida a público infantil/familiar
Entradas en ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.
Deja una respuesta
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.