
O encontro tivo como finalidade a colaboración entre ámbolos concellos en materia de subministro de auga.
Esta mañá o alcalde de Ourense recibiu ao seu homólogo de Amoeiro para abordar a colaboración entre ambos concellos en materia de subministro de auga, especialmente naquelas épocas do ano no que este ben escasea.
O Concello de Ourense, como xa fixera semanas atrás co Concello de Coles, está presto a colaborar cos seus concellos limítrofes para contribuír a solucionar os problemas que subministro de auga.
Respecto a este encontro, o alcalde de Amoeiro, José Luis González Pérez, foise cunha boa impresión, pola “total disposición” por parte do rexedor ourensán, Gonzalo Jácome. Para José Luis Gonzalez, este acordo é beneficioso para o seus Concello porque amais de ser máis rendible economicamente, supón unha maior garantía do subministro de auga.
Deja una respuesta
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.