Xoves 30 de Xuño de 2022

O cIA analiza este venres a transferencia de técnicas de intelixencia artificial nas empresas


O relatorio, a cargo do profesor de Linguaxes e Sistemas Informáticos, Anselmo Peñas Padilla, poderase ver a través da canle oficial de vídeos en ‘streaming’

 

O centro de Intelixencia Artificial (cIA) do Concello de Ourense analizará, dentro do seu ciclo ‘Os venres coa IA’, a aplicación das técnicas ao mundo da empresa. Será no relatorio «Experiencias de transferencia de técnicas de IA a la empresa», a cargo do doutor Anselmo Peñas Padilla, catedrático do Departamento de Linguaxes e Sistemas Informáticos da UNED. Poderase seguir en ‘streaming’ a través da canle de vídeos oficial do cIA [https://youtu.be/K6LjCU106IM] este venres, 18 de decembro, desde as 12:00h.

Cada vez son máis as empresas que se dan conta do potencial que teñen as técnicas de Intelixencia Artificial para optimizar procesos e reducir custos na toma de decisións sobre un volume importante de datos. Con todo, non é sinxelo concretar esta primeira intuición en casos de uso realmente efectivos. Isto supón un risco económico para a empresa e, por tanto, unha barreira á hora de embarcarse nun proxecto de innovación.

Na charla do venres abordarase o papel que pode desempeñar a IA para, en primeiro lugar, definir casos de uso adecuados para o modelo de negocio da empresa e, en segundo lugar, para acceder ás axudas e ás deducións que permitan reducir o risco do investimento.

Deja una respuesta