Xoves 02 de Decembro de 2021

Videodebate sobre “A vixencia do pensamento político de Nós”


A Deputación de Ourense organiza o vindeiro xoves, 17 de decembro, ás 11.30 horas, un videodebate sobre “A vixencia do pensamento político de Nos”, que poderá seguirse a través da web da institución provincial.

Trátase da primeira iniciativa deste tipo, tanto polo seu formato como pola concorrencia dos seus participantes, e ten como obxectivo, segundo expresa o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, promotor da actividade, “render homenaxe desde a Deputación de Ourense a unha xeración que foi berce do pensamento político, polo cal, de xeito institucional organizamos esta videoconferencia, aberta ó público, que suporá unha homenaxe máis a unha xeración irrepetible”, afirma Baltar, quen destaca que non podía rematar este ano tan significativo para o legado de Nós sen un acto no que cultura e política van da man para enaltecer o pensamento galeguista e lembrar que moito do que somos hoxe como país debémosllo a Nós”.

O debate estará moderado polo presidente do Centro PEN Galicia, Luis González Tosar, e contará como relatores coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o presidente do Partido Nacionalista Vasco (PNV), Andoni Ortúzar; o presidente do Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi; o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro; a filóloga, Pilar García Negro, e o avogado Lluís Recoder

Deja una respuesta