Martes 13 de Abril de 2021

A Deputación destina máis de 173.000 € para obras e servizos a concellos e entidades


A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, presidida por Manuel Baltar, aprobou hoxe, na reunión celebrada por videoconferencia, a concesión de achegas por un importe total de 173.708 euros para obras e servizos a concellos e entidades. En concreto, aprobouse unha subvención nominativa por importe de 33.000 para o Pavillón Ourense Club de Fútbol para gastos de funcionamento, correspondentes á tempada 2020-2021; para a Federación Galega de Atletismo, 6.000 euros para actividades en pista cuberta 2020, e para a Asociación Cultural da Castaña, 5.000 euros para gastos de funcionamento da entidade, correspondentes ao ano 2020.

En canto aos concellos, a Xunta de Goberno aprobou para o Concello de Montederramo, unha achega de 24.708 euros para o proxecto reforma e memoria de actividades de edificación para Casa Niño; para o Concello de Pontedeva, 75.000 euros para o co-financiamento de proxectos de infraestruturas, e para os concellos de Punxín, Cenlle e San Amaro, unha subvención nominativa de 30.000 euros (10.000 € para cada municipio) para gastos de bombeo, correspondentes ao ano 2020.

Deja una respuesta