Xoves 30 de Xuño de 2022

A Concellería de Educación e a Praza de Abastos n.1 convocan un concurso de decoración infantil


Destinado a escolares de ata 12 anos, o concurso premiará os mellores adornos e decoración con inspiración do Nadal e, por outro lado, as mellores tarxetas de Nadal.

 

A Concellería de Educación colabora este Nadal cos comerciantes da Praza de Abastos número 1 no primeiro concurso de decoración infantil, unha alternativa ao concurso de cabazas dos últimos cinco anos que, por causa da pandemia da Covid19, non se poderá realizar este ano.

Destinado a escolares de ata 12 anos, o concurso premiará os mellores adornos e decoración con inspiración do Nadal e, por outro lado, as mellores tarxetas de Nadal. Os gañadores obterán diversos lotes de produtos do mercado.

Os participantes poderán aproveitar, ademais, para deixar a súa carta de Nadal a Papá Noel na caixa de correos instalada no interior do Mercado.

Deja una respuesta