Venres 15 de Xaneiro de 2021

Os alcaldes de Ourense e Coles avanzan nun convenio de colaboración en materia de saneamento


Os alcaldes de Ourense, Gonzalo Jácome, a Coles, Manuel Rodríguez avanzaron esta mañá na próxima sinatura dun convenio de colaboración en materia de saneamento entre ambos municipios. O obxectivo do acordo é construír unha nova condución de auga que permitirá eliminar unha foxa séptica en Coles, levando a auga até a rede de saneamento de Ourense, mediante unha instalación nova polas localidades do Viso, As Coiñás e A Casilla, até enlazar coa rede do Concello de Ourense. Ambos rexedores avanzaron que esta será a primeira de moitas colaboracións entre os dous concellos limítrofes.

O acordo plasmarase nun convenio de colaboración a tres bandas; que implicara aos dous concellos, que aportarían en torno a uns 100.000 euros de financiamento e á Confederación Hidrográfica do Miño Sil, que aportaría uns 600.000.

O rexedor ourensán, Gonzalo Jácome asegurou que foi un “auténtico pracer recibir o alcalde de Coles”, co que asegura que chegou a un acordo “de seguido”, tendo en conta que Coles é un municipio limítrofe no que traballa moita xente que vive en Ourense e viceversa, polo que “a unión é absoluta”.

Pola súa banda, o alcalde de Coles valorou moi positivamente a xuntanza e o acordo acadado, que achega unha solución a “un problema que tiñamos hai anos, co que chegamos a un acordo coa Confederación, pero que requiría da colaboración do Concello de Ourense”.

Gonzalo Jácome asegurou que esta será a primeira de moitas colaboracións entre os dous concellos: “o principio dunha longa amizade”.

Deja una respuesta