Luns 08 de Marzo de 2021

A Xunta garante a reactivación económica e social de Ourense cunha histórica suba do investimento de máis do 44 %


Os orzamentos destinan á provincia un total de 254.888.604 millóns de euros, 113,2 máis que no pasado exercicio, “o que demostra non só o decidido compromiso do executivo galego polo gasto social nun contexto excepcional, senón que tamén garante os proxectos comprometidos polo Partido Popular para Ourense nesta lexilstaura”, declarou a parlamentaria popular ourensá, Marisol Díaz Mouteira.

 

A Xunta de Galicia incrementará o investimento na provincia de Ourense nun 44,4 % en 2021, con preto de 255 millóns de euros (254.888.604), o que supón 113,2 millóns máis que no pasado exercicio. Así se reflicte no proxecto de orzamentos do goberno galego para 2021, presentado esta mañá no Parlamento, “e que non só demostra o decidido compromiso do executivo galego polo gasto social nun contexto excepcional, senón que tamén garante o desenvolvemento de proxectos comprometidos polo Partido Popular para Ourense nesta lexilstaura”, declarou a parlamentaria popular ourensá, Marisol Díaz Mouteira.

A loita contra a pandemia, a reactivación económica e social da provincia e maila atención ás necesidades das familias, dos traballadores e das empresas “están perfectamente recollidas nas contas que o goberno popular da Xunta ven de presentar para Ourense”, sinalou Díaz Mouteira, que apuntou tanto o esforzo inversor como o reforzo dos servicios que fará a Xunta na área social, onde destacan os 4,6 millóns de euros para responder ao compromiso de dotar a Ourense dun centro de atención ás persoas con discapacidade, ou tamén os preto de 1,2 millóns para o fomento da educación dixital.

A representante ourensá no Parlamento galego subliñou tamén o investimento previsto en materia sanitaria, cun novo pulo ao Plan Director do CHUO con 9 millóns de euros, os preto de 2,7 millóns destinados aos hospitais comarcais de Valdeorras e Verín ou o futuro Centro Integral de Saúde que, con 2,5 millons de investimento, se ubicará no actual centro Novoa Santos da capital. Un proxecto que no seu momento permitirá iniciar a novo edificio edificio administrativo da Xunta, por valor de 2 millóns de euros, na rúa Concello.

Os mais de 2 millóns de euros para a estación intermodal, novas sendas peonís con máis dun millón de euros, ou os 800.000 euros para a rede rural de mobilidade segura son outros dos investimentos que destacou Marisol Díaz entre un amplo paquete de iniciativas na área de infraestruturas, que aumenta case un 6 % os recursos destinados por este departamento para a provincia ata alcanzar os 210,67 euros por habitante.

“A prioridade absoluta do goberno galego nestes momentos é a loita contra a pandemia e as súas consecuencias, de aí ese histórico gasto social, pero tamén a reactivación económica require de proxectos innovadores que nos axuden á transformación e modernización da provincia”, afirmou Marisol Díaz, valorando así outras iniciativas incluídas no orzamento como o centro integral para a loita contra o lume, un campus forestal pioneiro en Europa, a planta piloto de productos lignocelulósicos do CIS Madeira con 1,4 millons de euros, o plan de conservación de recursos xenéticos en agricultura dotado con 1,5 millóns, ou uhha planta de biorresiduos que terá un orzamento de 8,3 millóns.

Con todo Díaz Mouteira destacou tamén otros aspectos do orzamento xeral da Xunta “que tamén beneficiarán ourensáns, “como a consolidación da rebaixa fiscal nos impostos de Sucesión e Doazóns, así como os impostos “0” no rural.

Marisol Díaz quixo subliñar ademais a celeridade demostrada polo equipo de Núñez Feijóo “para elaborar uns orzamentos en pouco máis dun mes, coa distribución ordinaria por consellerías, pero coa novidade da creación de catro novos fondos -1.100 millóns de euros- para acometer os retos a que se ten que enfrontar Galicia”. Un traballo, engadiu, “froito da estabilidade que os galegos lle deron ao goberno da Xunta, que só tivo que preocuparse por dar resposta as nosas necesidades e non mercadear cunha lea de siglas para sacar adiante os orzamentos”.

INVESTIMENTOS DESTACADOS POR CONSELLERÍAS.

Presidencia

· Reforma e ampliación do Parque Náutico

· de Castrelo de Miño 1.024.376 €

· Estadio de O Couto. Obras de reparación

e rehabilitación estructural (plurianual) 790.000 €

· Parque Acuático de Monterrei 1.076.000 €

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

· Plan para o Fomento da Educación Dixital 1.193.654 €

Presidencia, Xustiza e Turismo

· Novo edificio administrativo de Ourense 2.000.000 €

Axencia Galega de Turismo

· Fomento do turismo 2.362.500 €

· Reforzo do sector turístico 2.000.000 €

· Sinalización Camiño de Santiago 1.104.290 €

Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

· Construción de novas plantas de biorresiduos 8.335.000 €

· Tecnópole. Ampliación polígono de San Cibrao 1.000.000 €

· Obras do Plan Urbe 2.035.122 €

· Axudas Rede Natura 2000 e espazos naturais 1.358.423 €

· Programa Rexurbe. Obras de Urbanización: 1.502.594 €

· Rehabilitación enerxética en edifcios existentes 1.104.301 €

Infraestructuras e Mobilidade

· Plan de Transporte Público de Galicia 15.610.501 €

· Estación Intermodal de Ourense 2,014.817 €

· Demolición EA de Ourense 575.747 €

· Nodos de comunicación intermodal REACT EU 2.400.000 €

· Rede rural de mobilidade segura REACT EU 800.000 €

· Mobilidade sostible urbana e interurbana: Plan de Sendas

(OU-402 Reza; OU-536 As Vendas e Santa Baia…) 1.022.145 €

· Mellora de seguridade viaria e actuacións en TCAs 732.500 €

· MSV da OU-105 en Seixalbo, Ourense 600.000 €

· Posta en valor da Ponte Vella de Ourense 500.000 €

· Circunvalación leste de Ourense. Treito OU-105 250.000 €

· Conservación ordinaria e vialidade invernal 4.350.000 €

· Reforzo de firmes e conservación

extraordinaria 3,207.411 €

Cultura, Educación e Universidade

· Centro Galego Formación Profesional 1.700.000 €

· Rehabilitación integral centros educativos 2.250.000 €

· Axudas libros de texto e material escolar 1.013.719 €

· Ampliación do CEIP da Carballeira 219.253 €

· Restauración da torre de San Martiño e da fachada

occidental da Catedral de Ourense 300.000 €

· Reforma do cimborrio da catedral 200.000 €

· Actividades de promoción e difusión cultural 1.430.428 €

Sanidade

· Plan director de Ourense 9.000.000 €

· CIS Ourense (Centro Integral de Saúde en Novoa

Santos, con reforma integral, + PAC) 2.500.00 €

· Novas actuación en centros de saúde 527.644 €

· Hospital do Barco de Valdeorras 2.397.204 €

· Hospital de Verín 294.301 €

· Mellora e accesibilidade hospitais na área hospitalaria

de Ourense 464.000 €

Política Social

· Centro de Atención a Persoas con Discapacidade

(CAPD) de Ourense 4.620.905 €

· Melloras no centro de menores de A Carballeira 145.000 €

· Melloras no centro de menores de Montealegre 486.000 €

· Residencia de maiores en Ourense

(Fundación Amancio Ortega) 12.000.000 €

· Axuda no Fogar (Concello de Ourense) 1.700.000 €

· Gratuidade da escola infantil para segundos

· e sucesivos fillos (máis de 620 familias ourensás) 1.900.000 €

· Tarxeta Benvida (máis de 750 beneficiarios) 598.000 €

· Axudas dependencia 4.000.000 €

· Prazas en residencias e centros de día

de discapacidade 4.000.000 €

· Prazas en residencias de maiores 3.800.000 €

· Centros de día públicos 460.000 €

· Prazas en centros de día Alzhéimer 299.000 €

· Risga 2.500.000 €

· Tarxeta báxica 424.000 €

Economía, Emprego e Innovación

· Modernización, emprendemento e innovación

no comercio 1.208.890 €

· Axudas para aforro e eficiencia enerxética 1.904.640 €

· Investimentos en tecnoloxías forestais 1.633.321 €

· Planta piloto de productos lignocelulósicos

(CIS Madera) 1.400.000 €

· Ecobarrio da Ponte 275.000 €

Consellería de Emprego e Igualdade

· Novas actuación estratexia autónomos 840.750 €

Medio Rural

· Mellora da operatividade dos servizos de

extinción de incendios 5.000.000 €

Deste total, o 62 % estará destinado á provincia de Ourense,

incluíndo neste orzamento o centro integral para a loita contra o lume

· Conservación de recursos xenéticos

en agricultura. Agroambiente 1.534.258 €

· Procesado, comercio e desenvolvemento

de productos agrícolas 1.814.000 €

Deja una respuesta