Luns 08 de Marzo de 2021

Programación cultural do Concello para esta semana


Teatro, música e exposicións conforman a oferta cultural municipal.

O Concello de Ourense propón, para esta semana, unha axenda repleta de música, coa volta do ciclo lírico, e teatro para nenos e nenas.

O sábado, 28 de novembro, as 18.00h, na Sala Principal do Auditorio Municipal actúan “Os Bolechas”. A obra está dirixida a nenos e nenas. A entrada é gratuíta, até completar aforo.

O domingo, 29 de novembro, as 12.00h, na Sala Principal do Auditorio Municipal, actúa a compañía Culturaactiva representando «Rosalía». A obra teatral está dirixida a público infantil. O prezo da entrada é de 3 €.

Asemade, os días 25. 26 e 27 de novembro celebrarase o V Ciclo Lírico da Cidade de Ourense (programa en PDF).

Durante esta semana tamén se poderá acceder a diferentes espazos expositivos e exposicións:

Espazo expositivo de Arturo Baltar

Claustro de San Francisco

Museo Municipal: “Os nosos Fondos”, colección do Museo Municipal de Ourense

Praza da República, entrada Biblioteca Nós: “Construíndo o Universo dende Ourense”, exposición itinerante polo centenario Nós.

Sala Valente: “Os caprichos espidos”, Xosé Poldras.

O aforo máximo é de 30 persoas, sempre coas preceptivas medidas sanitarias -máscara de protección e hixiene de mans á entrada-.

As entradas poden mercarse en ataquilla.com ou na propia billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.

Deja una respuesta