
Un técnico de Cualtis, a empresa encargada do Servizo de Prevención, explicou os pasos para facer unha análise dos empregados, comezando polos servizos de Policía Local e de Bombeiros
O Concello de Ourense realizará unha avaliación dos seus traballadores para coñecer os riscos psicosociais aos que se poidan enfrontar. O estudo, presentado esta mañá no salón de plenos no marco do Comité de Seguridade e Saúde pola empresa Cualtis, concesionaria do Servizo de Prevención, pretende comezar polas áreas de Policía Local e Bombeiros, pero estenderase a todo o persoal municipal.
Á reunión acudiron o departamento de Recursos Humanos, co seu concelleiro Armando Ojea á fronte, e representantes das centrais sindicais con representación no Concello de Ourense. O primeiro paso será a creación dun grupo de traballo para asesorar a análise. Estaría formado por tres técnicos municipais, tres delegados sindicais e a empresa concesionaria, Cualtis.
O vindeiro luns, ás 9:30 horas, volverá reunirse o Comité de Seguridade e Saúde para avanzar na creación deste grupo de traballo.
Deja una respuesta
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.