Venres 15 de Xaneiro de 2021

O alcalde informa os veciños de Velle da próxima execución de obras de mellora de infraestruturas e servizos nesta localidade


 

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá os representantes da asociación veciñal Santa Marta de Velle, aos que informou do estado de varias actuacións de mellora de infraestruturas e servizos que o Concello prevé desenvolver proximamente nesta localidade.

O alcalde informoulles da próxima sinatura do convenio de colaboración coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, que permitirá acometer o proxecto de mellora da rede de saneamento da localidade, e que está valorada en 2,9 millóns de euros.

O Concello tamén prevé licitar proximamente o proxecto de reforma da Praza do Outeiro, unha obra moi demandada pola veciñanza de Velle, e executar obras de asfaltado de vías e de mellora da rede de abastecemento de auga. Para o próximo ano 2021, o Concello prevé acometer a demandada obra de mellora do campo de fútbol.

Deja una respuesta