Venres 27 de Novembro de 2020

O Concello inicia este luns as obras na rúa do Espeto dentro do plan de obras no perímetro rural


O Concello de Ourense comezará este luns, 23 de novembro, os traballos de acondicionamento do firme na rúa do Espeto, na zona de Papón- Mariñamansa. Estas actuacións contan coa autorización do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, xa que afectan a tramos de estrada de titularidade estatal, e terán un prazo de execución de dúas semanas.

A mellora desta zona está incluída no plan de obras do perímetro rural.

Deja una respuesta