Venres 27 de Novembro de 2020

Goberno e sindicatos aproban un calendario de negociación colectiva, que comezará coa regulación do teletraballo


O concelleiro de Recursos Humanos, Armando Ojea presidiu esta maña a xuntanza da mesa de negociación do Concello de Ourense, na que participan todos os sindicatos con representación municipal: CSIF, CC OO, SAP, SPPME, CIG, USO, e UGT. Neste encontro, Administración e centrais sindicais aprobaron por unanimidade un calendario de negociación colectiva coa finalidade de implementar medidas necesarias en materia de reordenación, planificación e xestión dos recursos humanos municipais.

O primeiro asunto que se abordará na negociación colectiva será a regulación do teletraballo, coa elaboración dunha ordenanza municipal. Será o primeiro asunto da primeira fase de negociación colectiva, que se estenderá até febreiro de 2020.

Tamén se aceptou a proposta da administración para aplicar no Concello a doctrina xurisprudencial fixada na sentenza da sala do contencioso administrativo, sección 4º do Tribunal Supremo nº 1233/2020, de 1 de outubro, de 2020 sobre o dereito ao abono de pluses de festividade e nocturnidade en períodos de vacacións. En aplicación da sentenza, recoñéceselle ao persoal municipal de Concello e ao do Consello Municipal de Deportes que desenvolva parte da súa xornada ordinaria en noites e festivos, o dereito a percibir os pluses de nocturnidade e festividade previstos no acordo regulador das condicións de traballo dos empregados públicos do Concello de Ourense.

O acordo reflexa esencialmente a proposta realizada pola administración, incorporando achegas dos sindicatos. O Concello convocará unha xuntanza da comisión de seguimento do acordo regulador para incorporar o disposto neste reunión. A proposta recibiu os votos favorables dos sindicatos CIG, UGT, CCO, SAP e USO, e a abstención de CSI_CSIF e SPPME.

O concelleiro Armando Ojea valorou moi positivamente a xuntanza, subliñando o clima construtivo e de diálogo, así coma as achegas realizadas polos sindicatos para avanzar na negociación colectiva no Concello.

Deja una respuesta