Venres 27 de Novembro de 2020

O Consello Municipal de Deportes avanza na contratación do proxecto de aproveitamento de auga termal nos Remedios


O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense deu un paso adiante esta mañá na adxudicación do proxecto de aproveitamento de auga termal procedente das Burgas nas instalacións interiores do Complexo Deportivo dos Remedios. A mesa de contratación, presidida polo alcalde e presidente do Consello Municipal, Gonzalo Pérez Jácome, acordou este mediodía requirirlle á empresa Delfín Ferreiro para que presente a documentación necesaria para completar a contratación. O proxecto ten un orzamento de 90.000 euros. A oferta da empresa ascende a 70.000 euros.

O Concello de Ourense realizou recentemente as obras de canalización de auga termal desde o bombeo das Burgas até o Complexo Deportio municipal dos Remedios. Estas obras permitiron aumentar o aporte de auga quente procedente das Burgas que chega ao equipamento deportivo, tanto en cantidade como en temperatura, que se emprega para quentar as piscinas. A obra de reforma que executará agora o Consello Municipal de Deportes permitirá utilizar esta auga tamén para quentar o aire das piscinas, o que supón un aforro en consumo de gas estimado en torno aos 50.000 euros anuais , así como reducir a pegada de carbono.

Deja una respuesta