Venres 27 de Novembro de 2020

O concello de Ribadavia saca unha liña de axudas para a hostelería, restauración e actividades auxiliares, para paliar os efectos do peche decretado pola situación sanitaria


Esta liña de axudas conta con unha dotación de 20.000€ e pretende contribuir a reducir o impacto do peche decretado pola situación sanitaria no sector da hostelería e restauración, así como o impacto que este peche supón en proveedores destes negocios

A Xunta de Goberno do Concello de Ribadavia ven de aprobar unha liña de xudas para a hostelería, restauración e actividades auxiliares destas, con unha dotación de 20.000€. As axudas, que poderán solicitarse durante dez días naturais despois da publicación do anuncio das bases no Boletín Oficial da Provincia, son unhas axudas liniais de 300€ por beneficiario, no caso da hostelería e restauración, e de 200€ por beneficiario no caso das actividades auxiliares.
Estas axudas, que serán compatibles con calquera outra medida, axuda ou subvención adoptada por calquera outra administración pública ou ente público ou privado; están dirixidas a autónomos e pemes do sector da hostelería e restauración e de actividades auxiliares. Por actividades auxiliares enténdense aquelas que se ven afectadas por ser proveedores directos do sector da hostelería e restauración que, tal e como se sinala nas bases aprobadas hoxe son: carnicerías, pescaderías, fruterías, panaderías e distribución de bebidas.
Entre os requisitos básicos para poder optar a estas axudas atópase a obrigatoriedade de estar censado en Ribadavia e que o domicilio fiscal e, no seu caso, o local de desenvolvemento da actividade se atopen no termo municipal de Ribadavia. No caso das axudas ás actividades auxiliares da hostelería e restauración para poder acceder a dita axuda deberán presentar unha declaración xurada na que conste o listado de establecementos de hostelería, coa súa sede social en Ribadavia, dos cales estes negocios son
proveedores. Esta declaración xurada, sinalará tamén que a cifra total de ventas destes negocios ao total dos establecementos hosteleiros que sinalan no listado non é inferior a 9.000€ / ano.

O alcalde de Ribadavia, César Fernández, sinalou que “ con estas axudas pretendemos dar unha resposta de xeito áxil ás necesidades dos profesionais dos sectores da hostelería e a restauración que se viron obrigados a pechar e cesar a súa actividade como causa da situación de emerxencia sanitaria que estamos atravesando. O obxecto destas axudas e contribuir minorar as perdas destes sectores e axudar tamén a afrontar gastos fixos que estes profesionais teñen independentemente de que non poidan estar desenvolvendo a súa actividade. Pero ademais, decidimos ampliar as axudas a sectores e
actividades auxiliares da hostelería e a restauración que poden ver moi minorados os seus ingresos co peche destas por ser proveedores habituais da hostelería e a restauración.”
César Fernández afirmou que “dada a complexidade da situación entendimos que o concello debía facer un esforzo importante por poñer recursos para axudar a estes negocios que se viron obrigados a pechar por causa da pandemia. E cómpre lembrar que esta nova liña de axudas ven a unirse a un
amplo programa de axudas e accións destinadas a contribuir a paliar o efecto da crise sanitaria no comercio local de Ribadavia e nas persoas máis desfavorecidas. Por eso, a día de hoxe xa se puxeron en marcha unha liña de axudas a autónomos e pemes pagada no mes de setembro, a liña de axuda
social para comprar produtos de primeira necesidade no comercio local “Ribadavia Contigo”, esta liña de axudas á hostelería e actividades auxiliares, e o bono de desconto no comercio local que estará vixente na campaña de nadal.”

Deja una respuesta