Venres 27 de Novembro de 2020

Xornada on line sobre xestión deportiva para pequenos e medianos municipios


A Asociación Galega de Xestión Deportiva (Agaxede) organiza xunto coa Deputación de Ourense unha xornada de formación gratuíta on line sobre xestión deportiva para pequenos e medianos municipios. Terá lugar mañá venres, de 16.00 a 20.00 horas. As inscricións poden realizarse na web de Agaxede (www.agaxede.org). Nesta edición abordaranse temas referidos a “Análise de situación e diagnose dun proxecto deportivo. Aplicación do método Canvas”, e un taller sobre “Como desenvolver un proxecto deportivo. Ferramentas útiles”. Os relatores serán Vicente Javaloves e Fernando Sánchez Salinero, sendo o director da xornada Eduardo Blanco.

Deja una respuesta