Venres 27 de Novembro de 2020

Miguel Caride cesa como vicepresidente da Deputación de Ourense


Manuel Baltar asinou hoxe a resolución e comunicoulla ao ata o de agora deputado “non adscrito”, a instancias do informe elaborado polo secretario xeral da institución provincial

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinou hoxe a resolución pola que se decreta o cese como vicepresidente segundo de Miguel Caride, a instancias do informe elaborado polo secretario xeral da institución provincial. O presidente comunicoulle persoalmente o cese e confirmou que, polo de agora, non se vai cubrir o posto de vicepresidente segundo, que ocupaba Caride, nin tampouco a vacante que queda na Xunta de Goberno provincial, á espera das resolucións xudiciais que se deriven do procedemento aberto no xulgado de primeira instancia nº 1 de Ourense sobre medidas cautelares de suspensión dos acordos adoptados por DO, referidas á situación da representación política de Miguel Caride e doutros ex concelleiros de Democracia Ourensana no Concello e na Deputación de Ourense.

Deja una respuesta