Venres 23 de Outubro de 2020

A Xuna destina 4M€ á mellora das redes de distribución eléctrica de oito parques empresariais de Galicia


 Trátase dunha nova liña de axudas que contribúe a garantir a seguridade e calidade do servizo

A Xunta destinará 4M€ á liña de axudas para o reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica que dan servizo aos parques empresariais galegos, tal e como se informou tras a reunión do Consello do Goberno galego na que se avaliou a resolución destes apoios convocados este ano por primeira vez.
A nova liña permitirá executar un total de oito proxectos en parques empresariais dos concellos de Vedra, Coiros e Aranga, na provincia da Coruña; Chantada, en Lugo; Cortegada e Vilamarín, en Ourense; e Valga e Dozón, en Pontevedra.
En total, prevese mobilizar 5,2 millóns de euros a través destas iniciativas que contribuirán a garantir a seguridade e a calidade do servizo, unha vella demanda por parte das empresas.
As axudas concedidas aos oito concellos (dos que seis son Concellos Emprendedores) cubrirán de media o 77% do investimento e poden beneficiarse de anticipos de ata o 50%.
Estas actuacións enmárcanse na aposta da Xunta por impulsar a actividade industrial e complementa outras axudas postas en marcha para apoiar os parques empresariais galegos. En concreto, este ano tamén se destinan 2,5M€ en 33 proxectos que melloran as infraestruturas de 29 parques en 28 concellos galegos; e 1M€ para a construción de cinco viveiros industriais. Polo tanto, a través das tres ordes de axudas, o Goberno galego apoia con 7,5M€ os parques industriais galegos co obxectivo de mellorar a oferta de solo e a competitividade empresarial. Os 46 proxectos apoiados suporán a mobilización de preto de 10 millóns de euros.

Deja una respuesta