Venres 23 de Outubro de 2020

O alcalde recibe o Campus de Ourense coa vontade de estreitar a colaboración entre o Concello e o equipo de rugby


O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá a representantes do Campus Universitario Ourense Rugby, aos que lles trasladou a vontade do goberno municipal de colaborar en diferentes ámbitos con este equipo, que se atopa na segunda máxima categoría do rugby español: a División de Honra B. “É un equipo que está na elite española, ao que hai que axudar”, asegurou Pérez Jácome, que quixo coñecer as principais necesidades do club ourensán.

Neste senso, por unha banda o Concello estudará a dispoñibilidade dun campo para que o equipo poda disputar a temporada 2021/22, e prestaralle apoio económico a través das subvencións que outorga para o fomento do deporte na cidade.

Deja una respuesta