Venres 23 de Outubro de 2020

O alcalde recibe a agrupación Miño para informar do plan de obras e da próxima sinatura dun convenio de colaboración


O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no Concello a Agrupación de Asociacións Veciñais Miño.

O rexedor informou os representantes da asociación da próxima sinatura do convenio de colaboración anual co que o Concello dá apoio ás actividades, servizos e proxectos de intervención sociocomunitaria que a agrupación desenvolve na cidade: “Todo está engraxado e o asinaremos xa”, aseverou.

Tamén os informou da vontade do Concello de levar a cabo unha ampla relación de obras de infraestruturas na cidade, moitas delas solicitadas pola propia agrupación, para o que se traballa na actualidade na redacción dos proxectos técnicos de obras e na tramitación dos expedientes de contratación para adxudicalas. O alcalde remitiralle á agrupación información polo miúdo das actuacións que se van realizar.

Deja una respuesta