Mércores 10 de Agosto de 2022

A exposición ‘O significado de NÓS’ instálase na rúa do Paseo e percorrerá a cidade para dar a coñecer o significado da Xeración NÓS para Ourense


A mostra, de carácter itinerante, percorrerá distintos barrios da cidade, e pasará pola Ponte, A Cuña, O Couto e pola Praza da República (fronte á Biblioteca Xeración Nós).

 

A exposición ‘O significado de NÓS’ instálase desde mañá, venres 25 de setembro, no primeiro tramo da rúa do Paseo -desde os xardíns do Padre Feijóo até o cruzamento coa rúa Alejandro Outeiriño- para dar a coñecer o significado da Xeración NÓS para Ourense. A mostra, de carácter itinerante, percorrerá distintos barrios da cidade, e pasará pola Ponte, A Cuña, O Couto e pola Praza da República (fronte á Biblioteca Nós).

A través de 12 paneis explicarase, dunha forma gráfica e visualmente atractiva, o que significou a Revista Nós, da que se cumpre o centenario. Un movemento que transcende o cultural, pois tentou modernizar Galicia, dignificar a súa cultura e as súas xentes.

A exposición artéllase da seguinte forma:

Que é Nós?

Precedentes

Como nace Nós

Proxecto colectivos

O valor do coñecemento

Tradición e modernidade

A modernización da Galiza

Nós europeísta

Nós e Portugal: Camiñando cara á lusofonía

Proposta da Fundación Vicente Risco

O 22 de xaneiro creouse a Comisión Centenario Nós que tiña como fin principal servir de coordinadora de todos os actos que as entidades da cidade propoñan para conmemorar este aniversario. A Fundación Vicente Risco propuxo a creación desta exposición e o seu carácter itinerante.

Deja una respuesta