Martes 27 de Outubro de 2020

O alcalde nomea Armando Ojea e Telmo Ucha como membros da xunta de goberno local


 

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asinou este mediodía o decreto no que nomea como membros da Xunta de Goberno Local os concelleiros Armando Ojea Bouzo e Telmo Manuel Ucha Álvarez, logo da toma de posesión deste último no pleno desta mañá.

Corresponderalle á Xunta de Goberno Local, así integrada, e baixo a presidencia da Alcaldía, colaborar de forma colexiada nas funcións de dirección política que lle corresponden á Alcaldía e exercer as funcións executivas e administrativas que se sinalan no artigo 127 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do Réxime Local

No mesmo decreto dáse conta tamén do nomeamento de Armando Ojea como concelleiro – secretario da Xunta de Goberno Local.

A resolución fixa tamén que a periodicidade das sesións ordinarias da Xunta de Goberno Local, será semanal, os xoves ás 08:30 horas

A resolución producirá efectos dende a mesma data da súa sinatura, e será publicada no Boletín Oficial da Provincia, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Ourense e no taboleiro da Casa do Concello. Namen darase conta desta resolución á Xunta de Goberno local e ó Pleno da Corporación na primeira sesión que teña lugar

Deja una respuesta