Venres 25 de Setembro de 2020

Sarabela Teatro estrea a súa nova montaxe, “A lingua das bolboretas”, este mércores e xoves no Auditorio


A obra representarase ás 21:00 horas, con aforo limitado a un máximo de 60 persoas. As entradas pódense adquirir en ataquilla.com.

 

A compañía ourensá Sarabela Teatro presentará esta semana no Auditorio a súa última montaxe, A lingua das bolboretas, adaptación da novela orixinal de Manuel Rivas, con dirección e dramaturxia de Gonçalo Guerreiro. Esta mañá tivo lugar a presentación do espectáculo, na que participaron o director e integrantes de Sarabela Teatro, o director da Agadic, Jacobo Sutil, e o técnico de Cultura do Concello de Ourense, Manuel Freire.

A obra representarase no Auditorio o mércores 16 e o xoves 17 ás 21:00 horas, con aforo limitado a un máximo de 60 persoas, con máscara e sempre cumprindo coas indicacións da orde de 2 de setembro da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 no concello de Ourense.

As entradas pódense adquirir en http://ataquilla.com

Deja una respuesta