Venres 25 de Setembro de 2020

Adamantino Barreiro, novo vicesecretario xeral da Deputación de Ourense


Adamantino Barreiro García, funcionario da Administración Local con habilitación nacional, subescala Secretaría Superior, tomou posesión hoxe como novo vicesecretario xeral da Deputación. O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, deulle a benvida no seu despacho do Pazo Provincial e desexoulle os mellores éxitos na etapa profesional que agora comeza.
Adamantino Barreiro, licenciado en Dereito, é doutor pola Universidade de Vigo “Cum Laude” obtido coa tese doutoral “A caducidade das licenzas urbanísticas”. Iniciou a súa traxectoria profesional como secretario-interventor en 1990, no concello de San Amaro, e posteriormente en Chandrexa de Queixa. Foi secretario dos concellos de Forcarei e Moaña e desde novembro de 2019, vicesecretario do concello de Las Palmas de Gran Canaria. Ten publicado numerosos artigos técnicos na Revista Xurídica Galega da cal é membro do consello de redacción e responsable da área contencioso-administrativa, ademais de ter realizado actuacións xudiciais como letrado da Administración en procesos contencioso-administrativos e laboral.

Deja una respuesta