Venres 25 de Setembro de 2020

O alcalde manterá nos seus postos durante unha semana o persoal eventual do PP para que remate os traballos que están a realizar


 

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, manterá nos seus postos de traballo durante unha semana o persoal eventual do grupo municipal do PP no Concello de Ourense. Aínda que os concelleiros deste grupo que formaban parte do goberno municipal presentaron a súa renuncia ás competencias que tiñan delegadas, o alcalde adopta esta decisión para que estes traballadores, que viñan prestando servizo ao Concello en diferentes áreas municipais, rematen os traballos que estaban a realizar na actualidade. Son, en total, 9 trababalladores, que desenvolven postos de auxiliares ou asesores.

Deja una respuesta