A campaña de agasallo de libros aos nenos que realizou ao Concello de Ourense remata hoxe, venres, logo de chegar a máis de 8.400 escolares da cidade. Ao longo das últimas semanas, todos os ourensáns nacidos entre o 1/1/2002 e o 31/12/2016 tiveron a posibilidade de achegarse a unha das 35 librarías e papelarías ourensás que participaron na campaña e retirar un título da súa escolla.
O goberno municipal valora como un éxito a campaña ‘Un libro desconfina a túa imaxinación’, que tiña como obxectivo fomentar a lectura entre a mocidade ao tempo que axudar o comercio local e, concretamente, o sector libreiro, moi afectado polo peche decretado durante o estado de alarma.
Con esta iniciativa, o Concello quixo agasallar a rapazada polo seu comportamento exemplar durante o confinamento e o curso escolar.
Deja una respuesta
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.