Xoves 30 de Xuño de 2022

O Concello abre prazo de 10 días para subsanar fallas na documentación das solicitudes de axudas para libros e comedores escolares


Publica na súa web a listaxe de persoas e os documentos que deben achegar antes do día 28 de agosto para recibir as axudas

A Concellería de Política Social publica hoxe na páxina web do Concello un requirimento de emenda para que as persoas solicitantes do programa de axudas de libros e comedor escolar do curso 2020-2021 poidan subsanar as fallas atopadas na documentación que presentaron durante a xestión destas axudas. Por este motivo tamén publica nesta páxina web a relación das persoas solicitantes e a documentación que precisan para que as súas solicitudes estean correctas.

Disporán dun prazo de 10 días hábiles para corrixir os erros e achegar a documentación solicitada, a través do Rexistro Xeral do Concello. O prazo rematará o venres, 28 de agosto.

No caso de non facelo neste prazo, teráselles por desistidos da súa petición cos efectos previstos no artigo 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A convocatoria das axudas foi aprobada pola Xunta de Goberno Local do Concello na súa sesión de data 29 de maio e está dotada cun orzamento de 294.250 euros (25.000 para axudas a libros de texto e material escolar e 269.250 euros para comedores escolares).

Deja una respuesta