Venres 25 de Setembro de 2020

O Partido Popular de Ourense acudirá á xustiza para denunciar á edil do PSOE en Castrelo de Miño, “como mínimo”, por un delicto de calumnias


A dirección do Partido Popular en Ourense afirma que non vai tolerar de ningún xeito que se recurra á falsidade, o fraude e o engano para atentar contra a formación popular, advertindo que calquera actuación deste tipo terá as súas consecuencias xudiciais.

O Partido Popular de Ourense denunciará diante da xustiza á concelleira do PSOE en Castrelo de Miño por un delicto de calumnias, logo das gravísimas acusacións realizadas pola edil, tanto no pleno ordinario celebrado neste concello o pasado xoves como polas súas manifestacións a un medio de comunicación falando de “mercadeo” coa súa persoa.

Os equipos xurídicos do Partido Popular están a analizar nestes momentos as súas declaracións co fin de iniciar as accións xudiciais oportunas diante do Xulgado do Penal e presentar unha denuncia, como mínimo, por un delicto de calumnias.

A dirección do Partido Popular en Ourense afirma que non vai tolerar de ningún xeito que se recurra á falsidade, o fraude e o engano para atentar contra a formación popular, advertindo que calquera actuación deste tipo terá as súas consecuencias xudiciais.

Así o avisou tamén o propio portavoz do PP en Castrelo de Miño, Avelino Pazos, no pleno do pasado xoves logo das afirmacións feitas nesa mesma sesión pola concelleira do PSOE, Catalina González, á que advertiu que estaba realizando unhas acusacións inaceptables e intolerables.

O PP ourensán non vai permitir que se escenifique unha farsa de tan baixa catadura moral e carente da máis mínima ética para atacar a este partido e agochar os problemas internos e maila degradación dunha formación política, nomeadamente o grupo socialista en Castrelo de Miño

Deja una respuesta