Venres 25 de Setembro de 2020

Ruptura histórica no seo da FEMP pola presión de Sánchez en contra das entidades locais


Manuel Baltar afirma, tras a reunión da xunta de goberno desta federación, que hoxe “os socialistas conseguiron o triste récord de desunir ao municipalismo español nun tema de vital importancia para as deputacións, os concellos e a súa poboación, como é o de recuperar os aforros que o Goberno ten secuestrados”

O presidente da Deputación de Ourense e membro da Xunta de Goberno da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Manuel Baltar, lamentou hoxe profundamente “a ruptura histórica que se produciu no seo da FEMP pola presión de Sánchez en contra das entidades locais”.

Tras a reunión da xunta de goberno desta federación, celebrada esta mañá por videoconferencia, Manuel Baltar valorou que “os socialistas conseguiron o triste récord de desunir ao municipalismo español nun tema de vital importancia para as deputacións, os concellos e a súa poboación, como é o que pretendiamos: recuperar os aforros que o Goberno ten secuestrados”.

A proposta socialista -aprobada finalmente grazas ao voto de calidade do presidente da FEMP, co voto en contra de PP, C’ s, PdeCat e a abstención de Podemos-, “ignora por completo o mundo rural, aos miles de concellos e aos seus veciños, e non ten nada que ver coas necesidades da poboación do ámbito local”, lamenta Baltar, quen sinala que o PSOE “queda só na aprobación da súa proposta”, e destaca que o seu socio de Goberno, Unidas podemos, “abstéñase, o que dá a entender a entidade da proposta de acordo”.

“A proposta aprobada só fala de cuestións contables e é absolutamente insuficiente, por canto que as entidades locais pretendiamos dispoñer dos remanentes e do superávit, @teniendo en cuenta que queriamos que se fixese de inmediato, de forma íntegra e sen ningún tipo de condición, e este acordo non cumpre ningunha destas premisas; é dicir, estamos a falar de algo que vai contra o documento aprobado unanimemente pola FEMP fai un par de meses, e estamos a falar de insolidariedade e de desigualdade entre os españois”.

Baltar lembra “a mentireira proposta de Pedro Sánchez”, na que dixo, o 20 de abril, “que se reuniría coa xunta de goberno da FEMP, el persoalmente, cada dúas semanas, e xa pasaron 18 semanas e non habido nin sequera a segunda reunión. Por tanto, temos razóns suficientes para dubidar e poñer en evidencia a un Goberno que o único que pretende é unha fuxida cara adiante ignorando as necesidades das entidades locais de España”, conclúe Manuel Baltar.

Deja una respuesta