Venres 25 de Setembro de 2020

A Deputación de Ourense renova o seu compromiso con Suzuki ata 2023


Manuel Baltar recibiu no Pazo Provincial ao presidente de Suzuki Ibérica, Juan López Frade, a quen confirmou que a marca “Ourense, a provincia termal” renova por outros tres anos o acordo asinado en 2018

A marca “Ourense, a provincia termal” seguirá ligada ao equipo Suzuki ata 2023, renovando outros tres anos o acordo asinado en 2018. Manuel Baltar recibiu no Pazo Provincial ao presidente de Suzuki Ibérica, Juan López Frade, a quen confirmou que a marca “Ourense, a provincia termal” renova, así, por outros tres anos o acordo asinado en 2018.

Desta maneira, este distintivo, que caracteriza a Ourense como a provincia termal por excelencia, seguirá ligada ao equipo Suzuki a través do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde). Este acordo inscríbese dentro do programa do equipo Suzuki no Campionato de España de Rallyes de Asfalto (CERA), así como na Copa Suzuki para España e Portugal.

Manuel Baltar destaca que este acordo “forma parte do proxecto “Ourense Ecosistema Deportivo”, que acolle eventos internacionais. Ourense está a consolidarse como un dos mellores destinos de España no ámbito do turismo deportivo, pola súa orografía, natureza, servizos e a súa oferta como provincia termal”, afirma o presidente, quen aplaude a renovación de acordo con Suzuki, “porque isto tamén significa seguir apoiando a carreira do ourensán Javier Pardo, piloto oficial do equipo Suzuki”.

Juan López Frade valora que: “Estamos encantados de colaborar, tres anos máis, con Ourense Termal. Ourense sempre nos recibe cos brazos abertos e queremos contribuír a difundir todas as marabillas que esconde. E dentro do equipo temos a Javi Pardo, que sempre nos descobre recunchos novos de Ourense”.

Unha colaboración institucional e privada que se reflicte, entre outros ámbitos, no Rallye de Ourense Termal, que deu o banderazo de saída a unha nova tempada do Campionato de España de Rallyes de Asfalto (CERA). Ademais, esta tempada deuse o salto internacional coa participación no Rallye Serras de Fafe de Portugal, como un primeiro paso a seguir por esta senda nos próximos anos.

A formación de pilotos do Equipo Suzuki permanece inalterada, coas parellas Joan Vinyes/Jordi Mercador (campións do Trofeo N5 do Campionato de España de Rallyes de Asfalto 2019) e Javier Pardo/Adrián Pérez (Campión Junior do Campionato de España de Rallyes de Terra 2018 e 2019).

Ambos están encantados co novo Suzuki Swift R4 LLY S, do que destacaron o seu paso por curva e balance xeral. Este novo coche, de categoría Rally 2 Kit, é a clave para poder dar este salto internacional, ao contar con homologación FIA e ser perfectamente válido para competir en calquera tipo de proba con normativa FIA.

Deja una respuesta