Sábado 15 de Agosto de 2020

O Concello oferta prazas dispoñibles na programación de verán para a rapazada da Aula de Natureza


A Concelleria de Educación do Concello de Ourense reiniciará o luns, 3 de agosto, a programación de actividades de verán para escolares que desenvolve en centros educativos e na Aula de Natureza do río Miño, en Oira, coa incorporación de novos grupos de escolares que se inscribiron para a quincena que comeza. Neste senso, informa que aínda existen prazas dispoñibles se algunha familia quere apuntar nenos e nenas na programación da Aula de Natureza do río Miño. Para facelo, debe dirixirse á Aula de Natureza, no paseo de Oira. O prezo de inscrición é 10 euros. Poden participar escolares de Primaria, e as actividades realízanse de luns a venres, de 8:30 a 13:30 horas, até o día 9 de setembro

O programa de verán ten como finalidade de ofertarlle á cativada a posibilidade de participar en propostas de lecer e formativas nas que desfrutar durante as vacacións de verán, ao tempo que achegar ás familias importantes recursos para a conciliación familiar e laboral. No caso da Aula de Oura, as actividades teñen un marcado carácter de achegamento á natureza e sensibilización medioambiental, con diferentes propostas de aprendizaxe e lecer.

Deja una respuesta