Sábado 15 de Agosto de 2020

Sesións de contacontos achegarán este verán a cativada ás bibliotecas municipais da Ponte, A Carballeira e San Francisco


O programa “Ler conta moito” está organizado pola Xunta coa colaboración do Concello desde o 7 de agosto ao 3 de setembro

As bibliotecas municipais dos barrios da Ponte, A Carballeira e San Francisco acollerán durante os meses de agosto e setembro sesións de contacontos, dirixidos á cativada, organizados dentro do programa “Ler conta moito” que desenvolve a Xunta de Galicia coa colaboración do Concello. As inscricións pódense realizar chamando por teléfono ás propias bibliotecas: San Francisco (988 230 124), A Ponte (988 605 751) e A Carballeira (988 253 893).

A actividade pretende proporcionarlle unha oferta de lecer á rapazada dos barrios da cidade, e achegala aos contos, á lectura en xeral e particularmente ás bibliotecas do Concello, que poñen á súa disposición unha chea de títulos ao longo de todo o ano.

A actividade realizarase no mes de agosto con sesións nas bibliotecas de:

A Carballeira, o venres, 7, co conto “O libro vivo” e o luns, 31 con “O mago Albert ten moito conto”, ás 11.30 h

A Ponte, o martes, 11 co conto: “Isto non é unha caixa”, e o martes, 18, con “Carabranca”, nos dous casos de 11:30 h,

San Francisco o martes, 25, con “A festa dos monicreques”, ás 11:30 h.

No mes setembro serán as dúas últimas actuacións, tamén ás 11:30 h:

A Ponte, o martes, 1 “Os soños na gaiola”,

San Francisco, o xoves, 3 “Naturizo e o espírito do bosque”,

O número de prazas está limitado para garantir a distancia de seguridade. Será obrigatorio usar a máscara durante toda a sesión e desinfectar as mans co xel á entrada da Biblioteca.

As bibliotecas xa reanudaron os seus servizos, con capacidade limitada, e abren ao público de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h, adoptando as medidas de prevención determinadas pola Xunta de Galicia (segundo acordo do Consello da Xunta do 12 de xuño) para seguir controlando a pandemia. Estas limitan a capacidade das salas para garantir a distancia de seguridade, só se poden usar os postos con cadeiras e non está permitido movelas. Hai que usar máscara e tamén xel ao entrar á biblioteca e antes de tocar os libros.

Deja una respuesta