Sábado 15 de Agosto de 2020

O alcalde decreta o horario de peche de terrazas ás 2:30 horas de xoves a sábado e vésperas de festivo, e ás 1:30 horas o resto da semana


O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asinou o decreto que amplía o horario de peche das terrazas na vía pública até as 2:30 horas da madrugada, dende o xoves até o sábado e vésperas de festivo, durante a tempada de verán -até o 31 de outubro-. O resto dos días de semana o peche será unha hora antes, ás 1:30 horas da madrugada.

Así, modifícase o punto primeiro do Decreto numero 20200003174 de 2 de xullo de 2020, e establécese o horario de peche das terrazas e veladores en establecementos abertos ao publico:

Temporada de Verán, do 1 de xuño a 31 de outubro.

– Xoves, venres, sábados e vésperas de festivos: 2:30 horas.

– Resto de días: 1:30 horas.

Temporada de inverno, desde o 1 de novembro.

– Xoves, venres, sábados e vésperas de festivos: 1:30 horas.

– Resto de días: 00:30 horas

A efectos aclaratorios, enténdese que as horas de peche especificadas para días concretos corresponden ás horas de madrugada que xa forman parte do día seguinte.

Esta medida estará vixente até o 1 de xaneiro de 2021.

Deja una respuesta