Sábado 15 de Agosto de 2020

Alumnos de grao e posgrao da UNED realizarán prácticas laborais no Concello de Ourense


Ambas entidades asinaron un convenio de colaboración para desenvolver un programa de cooperación educativa para que os estudantes poidan complementar a súa formación coa realización de prácticas e os seus traballos de fin de grao e fin de máster.

 

O Concello de Ourense e o centro asociado da UNED na cidade asinaron, esta mañá, un convenio de colaboración para a realización de prácticas profesionais. Este programa de cooperación educativa permitirá que os estudantes de grao e posgrao (máster) poidan complementar a súa formación universitaria traballando no consistorio, e que esta experiencia poida servir para completar os seus traballos de fin de grao (TFG) e fin de máster (TFM).

A selección do estudantado corresponderalle á UNED en función do número de prazas e das necesidades do Concello de Ourense.

O alcalde de Ourense declarouse moi contento coa colaboración que o Concello mantén coa UNED -coa que tamén colabora na futura implantación co centro de intelixencia artificial-, “a máis grande das universidades públicas”, segundo lembraba o seu director, Jesús Manuel García.

Á sinatura do convenio acudiu tamén a concelleira de Educación, María Teresa Rodríguez.

Deja una respuesta