Martes 22 de Setembro de 2020

Luís Amado Carballo dálle nome a unha das novas rúas da cidade, na zona dos Ponxos


A nova urbanización emprazada na rúa dos Ponxos, entre O Polvorín e a rúa Manuel Murguía, xa ten nome para unha das súas rúas perpendiculares. Levará o nome de Luís Amado Carballo (Pontevedra 1901-1927), figura das vangardas, e autor, entre outros, de ‘Os probes de Deus’, ‘Proel’, ou ‘O Galo’.

Esta mañá descubriuse a placa que lle dá nome á rúa nun acto sinxelo ao que acudiu unha representación do Concello de Ourense, encabezada polo concelleiro de Servizos Xerais, Manuel Álvarez.

Xornalista -fundador, xunto con Xoán Vidal Martínez, da revista Alborada e redactor de La Concordia (Vigo) e El pueblo gallego- e bohemio, Luís Amado foi asiduo das tertulias literarias da época. En 1982, a Real Academia dedicoulle o Día das Letras Galegas.

Deja una respuesta