O concelleiro popular en Ermua, declarou o secretario xeral do PP de Ourense, Rosendo Fernández, “representa toda unha xeración de mozos e mozas que nos momentos máis difíciles da nosa democracia, atacada polo fanatismo dos terroristas da ETA, decidiron dar un paso á fronte para loitar pola liberdade do seu pobo”
“Miguel Ángel Blanco representa toda unha xeración de mozos e mozas que nos momentos máis difíciles da nosa democracia, atacada polo fanatismo dos terroristas da ETA, decidiron dar un paso á fronte para loitar pola liberdade do seu pobo”. O secretario xeral do Partido Popular de Ourense, Rosendo Fernández, homenaxeou así ao edil popular no Concello de Ermua, de cuxo secuestro e posterior asasinato cúmprense hoxe 23 anos.
O 10 de xullo de 1997, recordou Fernández, “comezou a fraguarse un dos sucesos máis macabros e nauseabundos que conmocionaron a toda España”. O tráxico desenlace daquela acción terrorista “tivo unha resposta ata entón descoñecida na sociedade española e marcou un antes e un despois na loita contra os asesinos de ETA”, sinalou o secretario xeral.
Para Fernández, o recordo de Miguel Ángel Blanco “ten que estar presente na memoria de todos os españois polo significado que ten, que non é outro que o compromiso das persoas pola liberdade e polo benestar dos seus, aínda a costa da súa vida”.
O secretario xeral pediu tamén unha profunda reflexión do partido que sustenta o Goberno do Estado, “que se apoia en formacións herdeiras da banda terrorista ETA e que nunca condearon os asasinatos de representantes políticos, policías, gardas civís, cidadáns de a pé e mesmo cativos”.
Ourense, engadiu, “dedica hoxe un especial recordo a un descendente de ourensáns que descansa para sempre no cemiterio de Faramontaos, con Concello da Merca, na compaña dos seus pais recentemente falecidos”.
Deja una respuesta
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.