Martes 04 de Agosto de 2020

O concello de Ribadavia cambia a ubicación da Feira Quincenal para adaptala á nova normativa derivada da pandemia do covid-19


A nova ubicación da feira quincenal repartirase entre a alameda de Ribadavia, onde se colocarán vendedores de plantas, leguminosas e sementes (anteriormente situados na rúa san Martín), e a rúa veronza onde se colocarán o resto dos postos, xa que é a única rúa que permite colocar o 100%
dos postos que participan habitualmente na feira de Ribadavia e, ao mesmo tempo manter o distanciamento que recomendan as instrucións que regulan este tipo de mercados.

O concello de Ribadavia cambia a ubicación da Feira quincenal para adaptala á nova normativa derivada da pandemia do COVID-19. A nova ubicación da feira quincenal repartirase entre a alameda de Ribadavia, onde se colocarán os vendedores de plantas, leguminosas e sementes que habitualmente se colocaban na rúa San Martín, e a rúa veronza onde se colocarán o resto dos postos de alimentación, textil, calzado, ferramenta, maquinaria e outros, xa que, tras analizar as diferentes posibilidades e os informes do servizo municipal de arquitectura e da Policía Local, o goberno municipal chegou á conclusión de que só neste entorno se conseguía poder celebrar unha feira na que estén presentes o 100% dos postos que participan habitualmente na Feira de Ribadavia, e ademais cumprir coa normativa en materia de distanciamento entre postos que emana das diferentes instrucións publicadas polas administracións competentes nesta materia.
Con este cambio de ubicación, o concello de Ribadavia garante que a Feira quincenal poida celebrarse a pleno rendemento, coa presenza de todos os postos que habitualmente participaban e, ademais, garantindo as medidas de distanciamento e seguridade que se impuxeron tras a declaración do estado de
alarma derivado da Pandemia do COVID-19.
O alcalde de Ribadavia, César Fernández sinalou que “A nosa intención foi en todo momento buscar unha alternativa que nos permitira desenvolver unha feira ao 100%, na que xa poideran participar tanto os vendedores de productos plantas, sementes, productos agroalimentarios, textil, ferramenta, maquinaria, calzado, etc. Por eso decidimos reubicar a feira para garantir a presenxza de todos os postos e, ao mesmo tempo, cumprir coa normativa en materia de sguridade e distanciamento que regula este tipo de mercados na actualidade.”

César Fernández sinalou que “Nesta nova ubicación teremos control de accesos e as persoas que vaian á feira terán que ir provistos de guantes e mascarillas, de tal xeito que de non levalos non poderán acceder. Desta volta Ribadavia vai a ser a primeira Feira completa que se celebre na provincia de Ourense e, intentaremos que sexa unha referencia para outros concellos que opten por comezar a celebrar, a pleno rendemento, mercados destas características. Dende o goberno municipal entendimos que era o momento de poñer todo o empeño en celebrar a Feira quincenal para, dunha banda animar a economía local, e doutra banda, lanzar a mensaxe de que con responsabilidade e respectando as normas e protocolos de seguridade, é bo comezar a reactivar a actividade económica.”

Deja una respuesta