Martes 04 de Agosto de 2020

O Concello de Ourense inicia obras de asfaltado e mellora do firme en tres puntos da cidade


 

Durante o desenvolvemento dos traballos, quedará prohibido aparcar nas rúas afectadas, tarefa na que acompañará o labor da Policía Local.

 

A Concellería de Infraestruturas do Concello de Ourense inicia, este venres 22, obras de acondicionamento e mellora do firme en diferentes puntos da cidade. Para todos estes traballos, o Concello solicitou a presenza da Policía Local para garantir o correcto desenvolvemento das obras e a prohibición de aparcar nas rúas afectadas, e quere así mesmo pedir desculpas adiantadas polas molestias que poidan ocasionar estas accións entre a veciñanza.

Rúas Areal II, Carvalho Calero e rúa Pozo

O xoves 21 trasladarase a maquinaria e farase un varrido do firme. Comezarán os traballos de asfaltado o vindeiro venres día 22 de maio e continuarán, previsiblemente, ata o día 25 de maio. Ademais da prohibición de estacionar nesas rúas, tamén se verá afectada a rúa Serra San Mamede, na contorna da intersección coa rúa Areal II, para o acceso de camións.

Rúa Marquesa

Traslado de maquinaria e varrido do firme o luns 25 de maio. Comezarán os traballos de asfaltado o vindeiro martes 26 de maio e finalizarán, previsiblemente, o día 27 de maio.

Rúas Río Deva e Río Tuño

Traslado de maquinaria e varrido do firme o mércores 27 de maio. Comezarán os traballos de asfaltado o xoves 28 de maio e finalizarán, previsiblemente, o venres 29.

Deja una respuesta