Martes 04 de Agosto de 2020

Baltar supervisa o material para o “Hospital de emprendedores”, que abre o 1 de xuño


 

O presidente da Deputación de Ourense visitou hoxe as instalacións do centro cultural “Marcos Valcárcel”, que comezou a recibir o material que se instalará para albergar espazos gratuítos de oficina para autónomos e pequenos empresarios da provincia, afectados economicamente pola crise do COVID-19

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou esta tarde o centro cultural “Marcos Valcárcel” que albergará a partir do próximo 1 de xuño o “Hospital de emprendedores”, unha iniciativa ideada polo propio Baltar e que ten como obxectivo ceder @gratuitamente durante tres meses a autónomos e pequenos empresarios da provincia, afectados economicamente pola crise do COVID-19, espazos de oficina para que poidan desenvolver desde alí o seu labor profesional.

A medida -para a que xa se abriu o prazo de solicitudes de espazo-, está pensada para axudar a emprendedores e empresarios que non poden pagar alugueres e que ven perigar a súa actividade laboral por mor da crise do coronavirus. A asignación de espazos realizarase por orde de recepción de solicitudes, as cales poden presentarse presencialmente no Rexistro Xeral da Deputación de Ourense ou de maneira telemática a través da web da institución provincial. Os horarios de apertura do “Hospital de emprendedores” serán: de 8.30 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas de luns a venres, entre o 1 de xuño e o 31 de agosto.

A empresa R, do Grupo Euskaltel, colaboradora tecnolóxica desta iniciativa solidaria, comezou xa a traballar neste proxecto para garantir que a conexión a Internet avanzado de alta velocidade por fibra óptica para os usuarios do Hospital de emprendedores.

O “Hospital de emprendedores” é unha acción pioneira no ámbito estatal que pon en marcha o goberno provincial na loita contra a crise do COVID-19. Permitirá habilitar espazos para 40 postos de oficina, cada un dos cales dispoñerá de conexión a Internet e mobiliario básico de oficina, instalado cumprindo a normativa de seguridade referida á prevención do COVID-19. Así mesmo, a Deputación encargarase dos labores de limpeza e desinfección dos postos de traballo e comunicará aos usuarios as medidas hixiénicas e de uso que deberán cumprir durante a súa estancia no recinto.

Deja una respuesta