Xoves 28 de Maio de 2020

O Concello reactivará o luns a ordenación e regulación do aparcamento de vehículos na vía pública (ORA)


Os autobuses urbanos tamén serán de pago desde o 25 de maio

 

O Concello de Ourense reactivará o vindeiro luns, día 25 de maio, o servizo de ordenación e regulación de vehículos na vía pública (ORA), nas mesmas condicións que funcionaba antes da declaración do estado de alarma. Esta medida adóptase no marco da nova fase da desescalada dentro do estado de alarma que se inicia, despois de que o servizo fose desactivado polo Concello durante a etapa de confinamento pola pandemia da covid-19. Así, desde o luns, os parquímetros volverán funcionar e as persoas que utilicen as prazas deberán abonar as tarifas definidas na ordenanza municipal.

Pola súa banda, o vindeiro luns volverá tamén ao seu funcionamento ordinario o servizo de transporte en autobuses urbanos. Este xa oferta actualmente a totalidade de rutas e frecuencias que tiña antes do estado de alarma, mais volverá ser de pago desde o luns. O parque móbil xa está adaptado ás condicións de seguridade requiridas pola situación sanitaria e os vehículos incorporaron pantallas de seguridade para garantir que non haxa contactos que poñan en risco a saúde, tanto de quen viaxa nos autobuses como de quen os conduce

Deja una respuesta