Mércores 27 de Maio de 2020

O Concello establece que as terrazas que instalen os establecementos de hostalería deben pechar ás 23:00 horas


 

O alcalde lembra que seguimos en situación de alerta, polo que se deben cumplir as medidas de seguridade sanitaria

O Concello de Ourense establece que as terrazas instaladas na vía pública por parte dos establecementos de hostalería que conten coas pertinentes licenzas e permisos deberán pechar a súa actividade ás 23:00 horas, ademais de cumplir con todas as medidas fixadas, de xeito especial as relacionadas coa seguridade, no que atinxe ás distancias e á desinfección de mesas e cadeiras, para deste xeito garantir a saúde da cidadanía. É por isto que o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, lembra que “seguimos en situación de alerta”, e que se non se cumple o establecido “poderiamos volver atrás”, polo que advirte que “adoptaremos todas as actuacións que sexan necesarias ante calquera tipo de incumprimento”.

Lembra neste senso o Concello, que a licenza da que dispoñen os locais de hostalería ampara e fixa horarios para o desenvolvemento da súa actividade no interior dos seus locais, mais é o Concello quen determina as condicións específicas do desenvolvemento da actividade fóra dos seus recintos, neste caso, nas terrazas, que se atopan en espazo público. Neste caso, o Concello fixa como hora límite de apertura das terrazas nesta fase de reinicio da actividade hostaleira nas 23:00 horas, en congruencia coa regulamentación establecida polo goberno do Estado en materia de mobilidade das persoas durante esta etapa.

Con esta medida, o Concello pretende conciliar na mellor medida posible, os intereses do colectivo da hostalería, que desexa desenvolver a súa actividade empresarial despois do peche ocasionado polo confinamento, cos do conxunto da cidadanía, co seu dereito ao descanso nocturno, o respecto á normativa de ruídos, e mantendo sempre como máxima prioridade garantir o exercicio da actividade hostaleira nas condicións de seguridade que salvagarden a saúde pública.

O alcalde fai un chamamento á responsabilidade do sector da hostelaría e da cidadanía de Ourense, para que no se incumpla a estas normativas, pero sobor de todo, a medidas de seguridade.

Deja una respuesta