Xoves 28 de Maio de 2020

O Concello entrega 3.500 máscaras de protección para os usuarios do servizo municipal de transporte


 

O concelleiro de Transportes, Miguel Caride, lembra que o uso de máscaras é unha medida sanitaria obrigatoria nos autobuses para evitar a propagación da COVID-19.

 

O Concello de Ourense entregoulle á concesionaria do servizo municipal de transporte 3.500 máscaras de protección para repartir entre os usuarios que, por calquera razón, non dispoñan dunha propia. O concelleiro de Transportes, Miguel Caride, lembra que o uso de máscaras é unha medida sanitaria obrigatoria nos autobuses para evitar a propagación da COVID-19.

A flota enteira de autobuses dispón xa dun sistema de protección para evitar o contacto entre condutores e viaxeiros, o que permitirá, en palabras de Miguel Caride, “retomar o servizo ao cento por cen canto antes”. Iso si, mentres dure o estado de alarma, o transporte público en Ourense seguirá a ser gratuíto.

Por outra banda, o concelleiro asegura que logo dos dous casos detectados nos pasados días, realizáronselles probas a todos os condutores. Só dúas delas foron positivas, precisamente as dos condutores detectados no inicio, “o que demostra que as medidas que se toman son efectivas”, di Caride Domínguez.

Deja una respuesta