Sábado 15 de Agosto de 2020

O Concello de Ourense conmemora o día das Letras Galegas coa entrega de 2.700 libros


 

Poderanse recoller este domingo, de 11:00 a 14:00 horas, nunha carpa instalada na rúa do Paseo, á beira da Sala Valente. O acto contará coas medidas de seguridade que se establecen na situación de alarma.

 

O Concello de Ourense conmemora este domingo 17 de maio o día das Letras Galegas -no que lembramos a figura de Ricardo Carvalho Calero- cunha entrega de libros gañadoras das diferentes convocatorias de certames literarios municipais. Será o domingo, entre as 11:00 e 14:00 horas, nunha carpa na rúa do Paseo -á beira da Sala Valente-, onde os ourensáns poderán recoller un exemplar gratuitamente.

O obxectivo é dar a coñecer as obras gañadoras dos premios literarios que se organizan desde vai máis de trinta anos: Premio Risco de Creación Literaria, que xa vai pola edición número XXI, e o Premio Poesía Cidade de Ourense, que este ano compre a súa XXXVI edición.

Entregaranse 2.700 exemplares pertencentes ao fondo literario do Concello. No acto contarase coa presenza do alcalde e de varios concelleiros, e tomaranse as medidas de seguridade que se establecen na situación de alarma, sobre todo no que atinxe ás distancias.

A consecuencia da crise sanitaria provocada pola COVID-19 pospuxéronse todas as celebracións previstas nestes días, que se trasladarán ao mes de outubro, como lembra o concelleiro de Cultura, Mario González, pero “manteranse, dentro do que se poida, tendo en conta a situación de alarma que temos, actividades coas garantías de seguridade sanitaria”.

O concelleiro de Cultura subliña que con esta acción quérese “poñer o valor estes premios literarios e, ademais, honrar no ano do Centenario NÓS a todos os escritores en lingua galega”.


Departamento de Comunicación
Concello de Ourense
Telf:988388121
_________________________
Concello de Ourense

Política de privacidade/Política de privacidad
Antes de imprimir este e-mail pense ben se é preciso facelo: o medio ambiente é cousa de todos
Zona de los archivos adjuntos

Deja una respuesta