Venres 14 de Agosto de 2020

O Concello incrementa a partida social con outro millón de euros para a atender as necesidades derivadas do estado de alerta


 

O alcalde o comunicóullelo aos grupos da oposición durante a reunión da xunta de portavoces, xunto con outras axudas e actuacións

 

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, comunicoulles aos grupos da oposición durante a reunión da xunta de portavoces que se celebrou esta mañá no salón de plenos que o goberno municipal ampliará un millón de euros máis a partida da área social para darlles resposta ás necesidades derivadas da situación do estado de alerta. Esta cantidade súmase ao millón de euros xa anunciado no seu día, partida coa que se queren sufragar as accións postas en marcha polo Concello durante o estado de alarma pola COVID19, colaborando na atención ás persoas que o necesitan, especialmente as máis vulnerables.

Durante a situación de alerta, que permanece activa, produciuse una “importante incremento de custes” no que a atención se refire, argumenta o alcalde en relación ao funcionamento dos albergues, “xa que tivemos tres a pleno rendemento, mais o pavillón de Oira”. Para o rexedor, “o máis importante é cubrir esas necesidades e contribuír a garantir a seguridade sanitaria”. O obxectivo de destinar un millón de euros máis para a área social “é que ninguén se quede atrás nesta crise, e niso traballa o Concello”.

A voceira do grupo do Partido Popular, Flora Moure, anunciou que desde a Concellería de Política Social se lles enviará a todos os grupos, nos vindeiros días, un borrador de todas as accións que se levarán a cabo neste eido.

Ademais destes dous millóns para a área Social, o Concello anunciou tamén axudas para autónomos, pemes, e comercio local e libros para os menores de 18 anos, cunha previsión de 10.000 unidades, como recompensa e recoñecemento polo período de confinamento.

Por outra banda, Pérez Jácome fixo referencia ao plan de obras, outro dos asuntos tratados na xunta de portavoces, poñendo de manifesto que a oposición “non fixo ningunha valoración sobre as actuacións que puxo enriba da mesa o goberno, nin fixo ningunha proposta nova”, polo que non dubidou en cualificar a xuntanza da mañá de “reunión filosófica e non concreta”.

O alcalde deixa aberta a porta á celebración dun pleno extraordinario neste mesmo mes de maio, previa xustificación da súa necesidade, marcada pola modificación de crédito urxente. De non ser así, non se poderían celebrar plenos ordinarios até que se levante o estado de alarma.

Deja una respuesta