Martes 13 de Abril de 2021

O Concello abre o prazo de preinscrición para o curso 2020/2021 da Escola Municipal de Idiomas


Oferta cursos de inglés para rapazada e persoas adultas, que poderán solicitar praza desde mañá no espazo web da Concellería de Educación

 

O Concello de Ourense abre desde mañá, mércores 6, até o venres 15 de maio, o prazo de preinscrición para o curso 2020/2021 da Escola Municipal de Idiomas. As persoas interesadas poden facelo a través da páxina web da Concellería de Educación, www.educacionourense.com.

A escola oferta cursos de inglés para persoas de todas as idades, cuxa duración coincide co curso escolar. Para a rapazada hai grupos específicos para cada un dos cursos de Educación Primaria (1º a 6º), con clases de 50 minutos dúas tardes á semana. Para as persoas adultas, ofértase o ensino en 3 niveis: iniciación, elemental e pre-intermedio, con clases de 110 minutos unha tarde á semana.

As taxas que se aplican son 19,80 euros pola matrícula e 59,60 como cota trimestral. Desde o 18 ao 29 de maio, o alumnado poderá entregar a documentación requirida: unha copia da solicitude xerada na pre inscrición online a través da conta de enderezo de correo electrónico: escoladeartes@ourense.es, ou ben a través da SEDE electrónica do Concello de Ourense, a través do rexistro online.

Para participar nos cursos é necesario que a persoa solicitante estea empadroada no Concello de Ourense. Como criterios para a selección do alumnado teranse en conta os criterios de renda da unidade familiar, a condición de familia numerosa, a existencia no seu caso de discapacidades, a asistencia de irmáns ou irmás á escola e, no caso de empates, a data de presentación de solicitudes.

Toda a información sobre os cursos, os horarios dos grupos e a normativa da escola está dispoñible na páxina web da Concellería de Educación https://educacionourense.com/escola-municipal-de-idiomas/

Deja una respuesta