Venres 03 de Abril de 2020

Resumo de acordos da xunta de goberno local 25/03/20


 

O Concello de Ourense aprobou, en xunta de goberno local extraordinaria celebrada esta mañá, tres asuntos:

En Contratación, aprobouse a prórroga do contrato administrativo do servizo público de limpeza urbana e recollida e transporte de residuos sólidos urbanos do Concello de Ourense, solicitada pola UTE ECOURENSE, ata a sinatura do novo contrato, que non poderá exceder de doce anos (prórrogas incluídas). Destinaranse 7.685.348,43 euros para o presente ano, 10.247.131,24 euros para 2021 e 2.561.782,81 euros para 2022.

En Patrimonio, recoñécese a obriga do pago, en cumprimento dunha sentenza de xullo de 2019, de 541,48 euros (xuros incluídos) en concepto de indemnización responsabilidade patrimonial.

En Cultura, aprobouse a conta xustificativa de caixa fixa da anualidade 2019, así como as facturas que se relacionan na rendición de fondos, por importe de 5.556,67 euros.

Deja un comentario