Venres 03 de Abril de 2020

O BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA PUBLICA HOXE A APROBACIÓN DEFINITIVA DO PXOM DE RIBADAVIA


  • Coa publicación do documento no BOP complétanse os trámites necesarios e, polo tanto, o documento de ordenación urbanística está xa plenamente vixente.

O Boletín Oficial da Provincia do día de hoxe recolle a publicación do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Ribadavia. Con esta publicación complétanse os trámites necesarios e, polo tanto, o documento de ordenación urbanística está xa plenamente vixente.

O alcalde de Ribadavia, César Fernández sinalou que “Coa publicación do PXOM no BOP complétase un longo proceso de máis de 15 anos e no que participaron diferentes corporacións municipais, e por fin Ribadavia contará con un Plan Xeral de Ordenación Municipal, un documento que dota de seguridade xurídica a todo o que ten que ver co desenvoplvemento urbanístico, nos seus diferentes usos, do Concello de Ribadavia“.

Cesar Fernández destacou que “Coa entrada en vigor do PXOM e coas medidas específicas que se están a implementar no eido do urbanismo en partes concretas do concello, como é o caso do traballo que se está a realizar para convertir o Casco Histórico en área REXURBE, estamos seguros de que se poderán acometer numerosos proxectos, tanto dende o ámbito público coma do privado, moi importantes para Ribadavia.”

Deja un comentario