Luns 03 de Agosto de 2020

O Concello decide suspender a ORA e mantén servizos mínimos con garantías en autobuses urbanos, servizo eléctrico, subministro de auga e de vías


O alcalde anuncia o peche do rexistro e substituíse polo asistente s telemáticos

O Concello de Ourense ven de adoptar no día de hoxe novas medidas ante o estado de alerta decretado polo goberno central polo coronavirus, e que foron dadas a coñecer polo alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, entre as que se atopan a sus pensión da ORA, o sistema de control de aparcamento en diferentes rúas da cidade, durante o tempo que se manteña a situación de alerta. Tamén se decidiu que a primeira hora de maña luns se proceda o precintado das maquinas expendedoras dos tickes. Neste sento, o rexedor anuncia que as denuncias formalizadas na xornada de onte sábado, non se tramitarán, polo que todas aquelas persoas que se encontraron nos seus automóbiles con tickes snacionadores “non se tramitarán”.
Outras das medidas acordadas están relacionadas con servizos públicos de transporte. Neste senso, as liñas de autobuses urbanos se reducen a 11, garantindo os desprazamentos o centro hospitalario de Ourense e tamén a área metropolitana, ademáis de aplicarse un novo horario, que será o que esta vixente os domingos. En canto o servizo de taxis, o alcalde anuncia que se reducirá o 30%, con servizos mínimos. Cde ese xeito serán 2 ou 3 os taxis nas principais paradas, como as asentadas na residencia sanitaria, estación do tren, parque de San Lázaro, Alameda e Xardín do Posío. Ademais os profesionais do taxi se comprometen a desinfectar o vehículo despois de realizar oi servizo. É insistir en que se chame a central de taxis para solicitar un servizo, pero sempre que sexa en caso de necesidade, como advertía o concelleiro de Transporte,Miguel Caride.
En canto o funcionamento do concello, o alcalde Gonzalo Jácome, comunica o peche do rexistro de forma presencial e se aportará un asistente telemático a tra vés de un correos electrónicos e un número de telefono o que poden chamar para resolver dubidas. De este xeito se poderán seguir realizando trámites, anque advirte que “en calquera caso o Estado xa suspendeu todos estes trámites administrativos durante o tempo que dure o estado de alarma”, `polo que entende que “no se debe acudir o concello a realizar ningún tipo de tramite administrativo”.
Por outra banda, o Concello de Ourense manterá servizos mínimos como o da grúa, así como o servizo eléctrico para atender calquera tipo de averia, xunto co mantemento de vías públicas na medida do posible, e a empresa cconcesionaria do serviola de auga, Viaqua, garante o suministro a si coma a calidade da auga que chega os horgares de todos os ourensáns.
O alcalde lembra que “seguiremos traballando, dentro de todas estas limitacións para adoptar tódalas medidas que sexan necesarias para garantir a calidade de vida dos veciños”, ademais de reiterar o mensaxe de que “si non é necesario, deben quedar na casa”.

Deja una respuesta